XURADO
– VI Edición (2023) –
LAURA GONÇALVES
En 2009 conclúe o curso de Belas Artes en Lisboa, e iníciase de seguida no mundo da animación traballando en varios filmes como inbetweener e arte final. En 2013 finaliza o Máster en Animación na Arts University Bournemouth, onde realiza a súa primeira curta de animación Três Semanas Em Dezembro.
Múdase de seguida para o Porto, onde comeza a traballar no estudo BAP como animadora e pintora, en varias producións de Bando á Parte. En 2016 co-realiza con Alexandra Ramires, a curta de animación Auga Mole.
En 2022 estrea o seu filme O Home do Lixo, preseleccionado aos Premios da Academia de Hollywood.
Actualmente co-realizada con Alexandra Ramires a curta de animación documental Percebes, producida pola BAP Animation Studio, CRL, Cooperativa de produción da cal é unha dos membros fundadores.
MIGUEL LÓPEZ: O Hematocrítico
O Hematocrítico é autor de varios blogs humorísticos de éxito e continúa espallando a súa fama en Twitter. Leva anos colaborando en numerosos medios e campañas. Seus son traballos tan destacados como o veteranísimo Los Hermanos Podcast (con Noel Ceballos e Nus Cuevas), a súa labor como CM de Mapi en RTVE ou o seu traballo como guionista no programa de culto Los Felices Veinte.
Ademais, é escritor e mestre de Educación Infantil, Inglés e Primaria. Algúns dos seus libros máis importantes están editados en galego en Xerais como Feliz Feroz, Axente Riciños, Rapunzel con piollos o Dona Problemas.
TATIANA SANTIAGO
(Santiago de Compostela 1996)
Graduada en Belas Artes na Universidade de Vigo no 2018, no 2022 rematou o Máster en Animación da Universidade Politécnica de Valencia e puido colaborar en curtametraxes estudantís como «Las Moscas Sólo Viven un Día» (Mauro Luis López, 2021), «Papirola» (Fabián Molinaro, 2022), «Ties» (Pedro Mario García Viche, 2022), «Encara dura» (Irene Puente, 2023) e «Cuando Llegue la Inundación» (Antonio Lomas Domingo, en produción).
Formou parte do equipo central que creou a curta «Chimborazo» (Keila Cepeda, 2022), gañadora na categoría mellor curtametraxe de escola dos Premios Quirino (2023), do Talent.cat do festival Animac (2023), do Cartoon and Animation no International Nature and Environmental Protection Film Festival (2023), do premio a mellor curta animada no Sehüchte International Student Film Festival (2023) e do Premio a mellor película infantil no Rural FilmFest (2023).
En 2023, traballa como animadora 2D no estudio Antaruxa e actualmente, esta desenvolvendo xunto as súas colegas Victoria Guiote e Verónica «Berserker» Quinteiro Pazos un proxecto transmedia que abrangue contido para redes, unha serie e un videoxogo.