RETROSPECTIVAS

CINEMA EN VALORES

I. O PODER DA ANIMACIÓN

Sábado, 15 de novembro | 17:00h
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS

II. OS CLÁSICOS

Domingo, 16 de novembro | 13:00h
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS

En liña coa temática dos dereitos humanos transversal á oitava edición do festival, e como novidade, incluímos dúas sesións especiais baixo o título Cinema en Valores: a primeira composta por pequenas xoias contemporáneas que abordan cuestións actuais desde unha mirada sensible e educativa; a segunda, dedicada a clásicos, que reivindica a memoria e a historia do cinema como vehículo de reflexión social.

.

O PEIXIÑO

(The tiny fish)

9′ / RUSIA / 2007 / Sergei Ryabov

No mundo dos nenos, calquera pequeno acontecemento pode converterse nunha aventura emocionante e perigosa. Mesmo poden suceder cousas marabillosas, como que un peixe debuxado fágase realidade.

O IRMÁN MAIOR

(Der grosse bruder)

6′ / SUIZA / 2011 / Jesús Pérez e Elisabeth Hüttermann

Nunha combinación de pixelación e animación clásica debuxada, dúas figuras desenvolven vida propia. Humillan e búrlanse da terceira figura, que está sen terminar. A súa superioridade cambia cando resulta ser o seu irmán maior e máis forte.

O CAZO DE LORENZO

(La petite casserole d’Anatole)

5′ / FRANCIA / 2015 / Eric Montchaud

Lorenzo arrastra sempre tras de se a súa pequena tarteira. Un día caeu encima, sen saber moi ben por que. Desde entón, a tarteira engánchase por todas partes e impídelle avanzar. Un día, Lorenzo chega ao límite. Decide esconderse. Para non ver máis e non ser máis visto. Pero as cousas non son tan sinxelas.

BIG BOOM

4′ / RUSIA / 2016 / Marat Narimanov

A historia da humanidade e do noso planeta en catro minutos. Unha declaración ecoloxista desenvolvida nunha soa curtametraxe que o ten todo: humor, acción e traxedia.

A SINFONÍA DE KENYA

(Kenya’s symphony)

4′ / USA / 2020 / Carlos Douglas

Kenya asiste coa súa nai a un concerto de música clásica por primeira vez. Ao comezo non para quieta e abúrrese moitísimo, ata que descobre o don musical que ten no seu interior e namórase da música.

O GRAN SHOW

(The big show)

21′ / USA / 1923 / Robert F. McGowan

A cuadrilla crea a súa propia feira improvisada, na que destaca unha «película», que en realidade é unha enxeñosa representación teatral.