FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA INFANTIL DE AMES

Concello de AMES
Cinema Miudo Festival Internacional de Cine Infantil
Deputación da Coruña
Concello de AMES
Cinema Miudo Festival Internacional de Cine Infantil
Deputación da Coruña

RESUMO DAS XORNADAS

IV EDICIÓN (2021)

IV Edicion 2021 - Cinema Miudo - Festival de Cine Infantil en Galicia
IV Edicion 2021 - Cinema Miudo - Festival de Cine Infantil en Galicia
IV Edicion 2021 - Cinema Miudo - Festival de Cine Infantil en Galicia
IV Edicion 2021 - Cinema Miudo - Festival de Cine Infantil en Galicia

RESUMO DÍA 1, VERNES

O venres, día 10 de decembro deu comezo o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, de Ames, organizado polo Concello de Ames coa colaboración da Deputación de A Coruña. Un evento que nesta xornada inaugural contou coa xornalista da CRTVG Loly González como mestra de ceremonias facendo un avance do que o público se podía encontrar nestes tres días de Festival, dende o cinema nas categorías de “Axóuxeres” e “Buxainas”, ata as actividades paralelas de Stop Motion, Maquillaxe de Efectos Especiais, exposición, proxección de “A galiña Turuleca”…

Loly Gómez deu paso á maxia e ilusionismo de Carlos Tomico, de Magia en la Manga, que foi o encargado de dar paso a primeira sesión de curtas para os máis cativos (“Axóuxeres”, a partir de 2 anos). Unha vez rematada, deu comezo a sesión das “Buxainas”, para os maiores de 7 anos.

Ao remate, a cativada puido participar coas súas votacións na elección da mellor curta para conceder o Premio do Público do Festival, e tamén facer as súas fotos no photocall para poder conseguir unha das bolsas diarias que se sortean.

RESUMO DÍA 2, SÁBADO

O Festival continuou na xornada seguinte, o sábado, día 11, xa pola mañá.
En sesión matutina, proxectáronse as curtas das seccións “Axóuxeres” e “Buxainas” tras as que os cativos puideron facer a súa votación.
Os talleres de “Stop Motion” e outro de “Maquillaxe de efectos especiais” tiveron un gran éxito entre os nenos e nenas.
O Taller de “Stop Motion”, impartido por Fernando Cortizo e Isabel Rey, de Artefacto Producciones, creadores do filme “O Apóstolo”, involucrou á cativada na creación da súa propia película. Tras ser eles mesmos protagonistas dun filme cos seus movementos na sala, crearon árbores, columpios, flores, semáforos… e incluso dinosaurios e bonecos de neve en plastilina, para darlle vida a unha pequena vila. Unha vez colocadas estas figuras sobre o escenario debuxado en papel, foron movéndoos, e Isabel e Fernando foron captando cada un deses movementos para crear o filme.
Por outra parte, o taller de “Maquillaxe de efectos especiais”, impartido por Alberto Hortas, de 4Ojos Estudio, e que traballou en filmes como “El laberinto del fauno”, ensinou aos cativos algún dos segredos dos maquillaxes nas películas e todo o que se esconde tras el. Incluso máis dun e dunha levou para casa a arte do seu maquillaxe na pel. Ademais, compartiu durante á xornada algunha das súas “criaturas” para que todos puidesen ver como é parte do seu traballo.
Pola tarde, ademais da sección oficial de “Buxainas”, a cativada puido gozar das curtas da productora galega OQO, antes de ver a longametraxe “A galiña Turuleca”.
Novamente, os nenos e nenas puideron votar a súa curta favorita e facer e enviar as súas fotos para conseguir a súa bolsa deste festival.

RESUMO DÍA 3, DOMINGO

E o tempo voou e chegamos ao domingo, o último día do Festival Internacional de Cine Infantil de Ames organizado dende a concellería de Cultura do Concello de Ames coa colaboración da Deputación de A Coruña.
A xornada, que tivo lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, deu comezo co segundo dos talleres de Stop Motion programados nesta edición. Fernando Cortizo e Isabel Rey repetiron cun novo grupo de nenos e nenas para crear a súa propia película a partir de figuras feitas por eles mesmos con plastilina.
Conducidos sempre da man de Carlos Torico, de Magia en la Manga, amén na sesión matutina pecharon as curtas a competición coa sección «Axóuxeres», e a cativada puido bailar e cantar cunha proxección de videoclips en galego.
Pola tarde, tras a proxección das curtas do festival convidado Olloboi, chegou o momento do acto de clausura. Tras un espectáculo de Carlos Torico, de Magia en la Manga, a xornalista da Crtvg foi a encargada de facer a presentación e dar paso ás autoridades para anunciar aos gañadores deste ano nas categorías de Premio do Xurado e Premio do Público, tanto nas seccións de «Axóuxeres» e «Buxainas». Curtas que se proxectaron durante o acto.
O broche final ao acto correu a cargo do músico e cantante Chuches Amil, que coa súa proposta fixo bailar e aplaudir a máis dun.