PALMARÉS
VIII Edición 2025
Xa temos os gañadores da VIII edición do Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Miúdo de Ames!
Tras catro días de proxeccións e actividades paralelas, hoxe domingo, deronse a coñecer os nomes das curtas premiadas nesta oitava edición do Festival Internnacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo que organiza o Concello de Ames e a asociación cultural Abella, coa colaboración da Deputación da Coruña.
O Premio do Xurado na categoría Axóuxeres (a partir de 2 anos) foi para O túnel da noite, do director Annechien Strouven e, na categoría Buxainas (a partir de 7 anos), foi para A viñeta baleira, do director Thibault Chollet. As mencións especiais do xurado na categoría Axóuxeres foron para A carpa e o nena dos directores Morgane Simon e Arnaud Demuynck e para A lenda do colibrí de Morgan Devos.
Os nenos e nenas asistentes as proxeccións das curtas foron os encargados de decidir que curtas levaban o Premio do Público. Neste caso, a elexida na categoría Axóuxeres foi Mojappi é meu!, do director Nijitaro. O premio do público na categoría Buxainas, foi para Verde para sempre, dos directores Nathan Engelhardt e Jeremy Spears. Na categoría Escolares o gañador foi Sentinme linda de Anna Karín Lárusdóttir. Ademáis, a curta A forza de Cristina Martin Barcelona e María José Martin Barcelona recibiu unha mención especial na categoría Escolares.
Por último, o premio honorífico Hematocrítico foi para Dragfox de Lisa Ott.
O TÚNEL DA NOITE
(Le tunnel de la nuit)
Annechien Strouven, 2024
Francia / Bélxica
Premio Xurado Axóuxeres
A VIÑETA BALEIRA
(La Case Vide)
Thibault Chollet, 2025
Francia
Premio Xurado Buxainas
A CARPA E A NENA
(La Carpe Et L’Enfant)
Morgane Simon, Arnaud Demuynck, 2024
Francia / Bélxica
Mención Especial Xurado
Categoría Axóuxeres
A LENDA DO COLIBRÍ
( La Légende Du Colibri)
Morgan Devos, 2024
Francia
Mención Especial Xurado
Categoría Axóuxeres
PADER
Jean Vergé, 2024
Francia
Mención Especial Xurado
Categoría Buxainas
MOJAPPI É MEU!
(Mojappi It’s Mine!)
Nijitaro, 2024
Xapón
Premio Público Axóuxeres
VERDE PARA SEMPRE
(Forevergreen)
Nathan Engelhardt, Jeremy Spears, 2025
USA
Premio Público Buxainas
SENTINME LINDA
(SÆTUR)
Anna Karín Lárusdóttir, 2023
Islandia
Premio Escolares
A FORZA
(La fuerza)
Cristina Martin Barcelona, María José Martin Barcelona, 2024
España
Mención Especial
Categoría Escolares
DRAGFOX
Lisa Ott, 2024
Reino Unido / Suiza
Premio Hematocrítico










