FESTIVAL AMIGO

CURTINHAS DE CURTAS VILA DO CONDE

CURTINHAS VILA DO CONDE

Domingo, 16 de novembro | 17:00h
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS

O noso festival amigo nesta VIII edición é o Curtinhas, o mini-festival dentro do Curtas Vila do Conde – Festival Internacional de Cinema, un dos festivais máis reputados de Portugal que se celebra desde hai 33 anos en Vila do Conde.

O Curtinhas está especialmente concibido para públicos infantís e familiares. O programa inclúe competicións en tres franxas de idade: 3, 6 e 9, cuxas curtametraxes gañadoras son elixidas por un atento e esixente xurado composto por dez nenos, entre 8 e 12 anos.

En 2025, o Curtinhas presentouse baixo o tema “Unha viaxe intergaláctica”, destacando a proxección da longametraxe Elio e a realización de catro obradoiros pedagóxicos dedicados aos máis pequenos e as súas familias, nas áreas de cianotipia, colaxe, debuxo sobre película de cinema e observación do ceo.

Motivación da selección de Curtas:

«Dende o Curtas, supón un enorme pracer colaborar cunha carta branca para outros festivais, especialmente se o convite nos chega da veciña Galiza. Por iso, non dubidamos nin un segundo en aceptar a oferta, máis aínda se temos en conta que os nosos festivais son tan próximos entre si en termos de programación. Para nós, esta selección supón unha enriquecedora mirada á nosa traxectoria xa ampla. Nace así este diálogo entre títulos máis antigos con outros presentados nas edicións recentes do noso festival. Deste xeito, reivindicamos a historia recente do “cinema de autor” pensado para o público máis mozo, ou sexa, a audiencia do futuro.»

.

LARANXA OU DESESPERACIÓN

(Orange ô despair)

3′ / FRANCIA / 2011 / John Banana

Que sucede cando unha pequena laranxa deprimida decide abandonar a súa caixa para aterrar na dos seus veciños, un grupo de alegres piñas que bailan?

PARAUGAS

(Umbrellas)

12′ / ESPAÑA / 2020 / José Prats e Álvaro Robles

Nunha terra onde a choiva nunca para, Kyna xoga baixo a protectora «barba-paraugas» do seu pai. Cando o seu can desaparece, debe enfrontarse ao seu gran medo, a choiva.

DODU, O RAPAZ DE CARTÓN

(Dodu, o rapaz de cartao)

5′ / PORTUGAL / 2010 / José Miguel Ribeiro

Dodu é un neno moi sensible. Vive nunha cidade hostil para os nenos e vese obrigado a pasar moitas horas encerrado en casa. Por iso, evádese dentro dunha caixa de cartón baleira. Cada vez que Dodu rasca a superficie do cartón, crea mundos extraordinarios habitados por criaturas singulares que lle axudan a lidar coas súas emocións e a crecer.

A AVOA

(The grand mother)

10′ / POLONIA / 2023 / Julia Hazuka

Versión alternativa da historia e os comezos da raza humana. A Gran Araña cria ao primeiro ser humano para ensinarlle os camiños do mundo. Despois de chegar á maioridade, a Nai ten un gran agasallo para o seu fillo.

PASIÑO A PASIÑO

(Step by step)

7′ / FRANCIA / 2021 / Théodore Janvier, Anabelle David, Emma Gach, Fanny Paoli, Claire Robert e Julie Valentin

Unha pequena bota de choiva espértase, perdida xunto a un río. A través dunha viaxe iniciática por un bosque, a botiña fará todo o posible para atopar á outra bota. Polo camiño, numerosos encontros axudaranlle a crecer.

DEBERES

(Homework)

15′ / ESPAÑA / 2024 / Nacho Arjona

Deberes é unha curtametraxe animada en 3D que conta as aventuras imaxinativas dun lapis e os seus amigos, os cales utilizan as súas habilidades máis únicas para poder axudarse mutuamente en situacións inesperadas, dentro do colexio onde todos viven.