FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INFANTIL

FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INFANTIL

Cinema Miudo - Festival Internacional de Cine Inantil
Cinema Miudo Festival Internacional de Cine Infantil
Concello de AMES
Deputación da Coruña

Entrevistas

 

Carlos Tomico

(Presentador)

Carlos Tomigo - Presentador IV Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Miudo - Ames, Galicia

Cóntenos, como está sendo o Festival de Cine Miúdo de Ames?

Moi moi sorprendente, divertido e participativo. Está vindo moita xente a ver as películas en competición nas dúas categorías de Axóuxeres e Buxainas, e tamén nas actividades paralelas. Penso que é unha gran acerto por parte do Concello de Ames en que esta iniciativa se desenvolva.

Do 1 ao 10, como diría que o están a pasar as nenas e nenos?

Só ata 10? Eu poría moito máis! A verdade é que fantásticamente. Non só polas películas, que teñen unha gran calidade, e eu xa vin unhas cantas… senón tamén polas actividades paralelas coas que vexo que están encantados.

Estásme decindo que non só desfrutan as nenas e nenos, senón que tamén os adultos veñen con moitas ganas de cine?

Penso que si! Eu polo menos quedei abraiado con máis dunha peli. E aínda que sexa un Festival infantil, pódese desfrutar cos ollos dun adulto.

E cada vez que ti saes…aplausos, risas, mans levantadas…

Deformación profesional….

E para o ano…

A mín que me apunten! Eu volvería sen dúbida! Penso que o Festival ten todas as papeletas para continuar por moitos anos. O Concello de Ames está ao pé do cañón para que siga e penso que todo o esforzo terá a súa recompensa.

Alberto Hortas

(Taller de Maquillaxe de Efectos Especiais)

Alberto Hortas - Taller de Maquillaxe de efectos esepeciais IV Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Miudo - Ames, Galicia

Que tal a túa experiencia no Festival de Cine Miúdo que organiza o Concello de Ames coa colaboración da Deputación da Coruña?

Estou moi contento por poder estar neste evento. Recoñezo que viña cun chisco de medo… O meu público é adulto e a cativada é moito máis esixente. Pero saíu todo moi ben! Eles encantados… E eu máis!.

Si si…estaban todos atentos! E ademais máis dun puido levar para a casa algo da túa arte de maquillar.

E máis que faría. Pero o tempo é o que é… Tamén é unha boa excusa para repetir!

Outra cousa que lles encantou é a exposición que nos trouxeches ata a Casa da Cultura de Bertamiráns.

Teño que confesarche que cada vez que saco as miñas criaturas do taller, é como se as vise por primeira vez. Cambia o escenario, a luz, a xente que as ve…e foi moi interesante ver o que pensaban as nenas e nenos de Ames.

Co teu taller, igual ata algún atopou a súa profesión de futuro.

Eu sempre digo: avogado, médico…ou artista!

Despois desta experiencia, que lle auguras ao Festival Miúdo de Ames?

Espero que haxa moitas moitas edicións. E presenciais! Nada de que sexan virtuais. Interactuar cos xente, saír da casa, disfrutar das salas de cine…é marabilloso

Entrevista a Loly Gómez

(Presentadora)

Loly Gómez - Presentadora IV Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Miudo - Ames, Galicia

Como presentadora da gala inaugural e de clausura deste Festival de Cine Miúdo que organiza o Concello de Ames coa colaboración da Deputación de A Coruña, que nos podes contar?

Está sendo unha experiencia marabillosa. Poder sentir o calor da cativada, todo o que che transmiten, que as nenas e nenos estén totalmente involucrados e con moitas ganas de desfrutar… É moi reconfortante e un gran acerto por parte da organización.

Víchelos atentos para exercer o seu voto para elexir a mellor curta?

Moito! Ata diría que concentrados. Entre eles comentaban que valoración e que puntuación lle daban. Comparando. Facelos partícipes e que vexan que o seu voto é importante, fainos sentir máis responsables. Ademais, o feito de ser presencial fai posible que interactúen, e que desfruten da maxia do cinema.

Dámoslle un aprobado entón å idea do Festival?

A iniciativa paréceme estupenda para achegar o cine aos mais peques e todo o que hai ao seu redor, coñecer como se crea o audiovisual e de xeito sinxelo
Ademais, as curtas encerran importantes mensaxes sobre a discriminación, a igualdade e a diversidade …. Moi importante para afondar na educación e diversidade da rapazada.

E o vindeiro ano…

Agardo que máis! E para o 23, o 24, o 25.…

Entrevista a Fernando Cortizo e Isabel Rey

(Artefacto Producciones)

Responsables de los Talleres de Stop Motion

Fernándo Cortizo  Isabel Rey - Artefacto Producciones - Responsables de los talleres de Stop Motion IV Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Miudo - Ames, Galicia

Que tal está sendo este Festival de Cine Miúdo organizado polo Concello de Ames?

Moi especial! É un dos poucos adicados aos nenos e nenas, e fai moita falta fomentar o audiovisual entre o público máis miúdo. Penso que é un gran acerto.

E que sexa presencial tamén é importante.

Hai que ir retomando actividades e estas cousas, como o cinema ou as artes plásticas, perden significado se non son presenciais. A cultura é segura e é necesaria.

Que me podedes decir dos vosos talleres?

Estupendos! Tivemos dous grupos de rapaces moi creativos e implicados, que estaban desexando facer cousas. Ademais, con estes talleres fomentamos esa creatividade que xa teñen, e cando chegan a casa seguen aprendendo.

Entón, de cara os vindeiros anos…

Espero que o festival siga medrando e que se faga máis grande. E que inclúa longametraxes tamén. Non hai moita oportunidade para os cativos de asistir ao cinema, e é unha mágoa. É preciso que coñezan a cultura de asistir ås salas de cine.