FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA INFANTIL DE AMES

Concello de AMES
Cinema Miudo Festival Internacional de Cine Infantil
Deputación da Coruña
Concello de AMES
Cinema Miudo Festival Internacional de Cine Infantil
Deputación da Coruña

XURADO – V Edición (2022)

Pedro Solís García - Xurado IV Edición Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Miudo, Galicia

Miguel Anxo Alonso Diz

(Madrid, 1976)

É licenciado en Economía, exerce a docencia e participa en numerosas iniciativas culturais. Destaca o seu labor como contacontos e as súas colaboracións cos Servizos de Normalización Lingüística de diversos concellos e centros educativos, tanto como contador de historias, como impartindo obradoiros de escrita.

Deuse a coñecer no eido da literatura infantil e xuvenil xunto á ilustradora Luz Beloso no ano 2012 coa obra O cullarapo Croque, primeiro libro galego auto editado a través do sistema de Crowdfunding. As súas obras están presentes en diversos países e dende o 2022 é editor de poesía en Antela Editorial.

Miguel Anxo foi finalista de diversos premios, entre eles, o Premio “Paraguas” do Cluster de Comunicación de Galicia ao libro infantil do ano, no ano 2017.

Pedro Solís García - Xurado IV Edición Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Miudo, Galicia

isabel rey

(santiago de compostela, 1973)

É licenciada en Belas Artes na especialidade de Pintura pola Universidade de Vigo e Diplomada na Escola Superior de Restauración e conservación de Bens culturais de Pontevedra-Xunta de Galicia.

Comeza no 2005 protagonizando a curtametraxe Madres de Mario Iglesias, o cal obtivo grandes éxitos en festivais e conseguiu numerosos premios internacionais, entre eles, ‘La Navaja de Buñuel’ de TVE. Tamén realizou a dirección de arte de Catalina (Voz Audiovisual) e a dirección de produción das longas Cartas Italianas e El Almuerzo del poeta de Mario Iglesias.

Ademais, son seus os deseños de decorados da curtametraxe Leo, de Fernando Cortizo.

No ano 2007, crea con Fernando Cortizo ‘Artefacto Producións’ co cal asumiu a Produción Executiva da súa primeira longametraxe de animación stop-motion: O Apóstolo. Esta foi preseleccionada aos Oscars, nomeada ao Goya á Mellor Película de animación 2012 e gañadora de 6 Premios ‘Mestre Mateo’ da Academia Galega, entre eles, Mellor Película. Así mesmo, conseguiu numerosos premios internacionais, como por exemplo, o Premio do Público no Festival de Annecy.

Pedro Solís García - Xurado IV Edición Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Miudo, Galicia

Paulo Mosca

(Vigo, 1979)

Paulo Mosca dedícase á animación desde 2008. Gañou a Biznaga de Prata en Málaga no 2016 coa curta Amor de Mono e realizou pezas para VH1, Canle +, RTVE, Comedy Central, Globomedia, A Festa do Cinema, Iberdrola, Coca-Cola, etc.

Desde 2012, traballa tamén na docencia universitaria, En 2021, converteuse en supervisor de curtametraxes de animación no Grao de Animación de UTAD.

Actualmente, traballa en Zinkia, no departamento de dirección da mítica serie infantil Pocoyo.