SECCIÓN OFICIAL
V Edición (2022)
CATEGORÍA AXÓUXERES
(Idade recomendada +2 anos)
AXÓUXERES 1
Prepararvos para gozar das trasnadas máis chistosas protagonizadas polos vosos animais favoritos: osiños, ovellas, paxariños, gatos… Todos eles farannos pasar un tempo inesquecible e axudarannos a coñecer o respecto pola natureza (Baixo as nubes) e a importancia de coidármonos mutuamente (Bémol). Ademais, sentiremos o agarimo mostrado por unha nena cara ao seu pai (Papá é grande, eu son pequena).
ARROLA OSIÑO
(ČUČI ČUČI)
5′ / LETONIA/ 2022 / Māra Liniņa
É hora de dar as boas noites. Con moita delicadeza, os osos levan aos seus fillos a un abrandado leito de nubes. Pero aínda queda moito por explorar. Mentres os maiores recollen mel e bagas, os pequenos cachorros empezan a rebuldar, enredándose no nobelo de fío de nubes da amable ovella e facendo un pouco de lea.
BAIXO AS NUBES
(UNDER THE CLOUDS)
4′ / RUSIA / 2021 / Vasilisa Tikunova
Walter, o cordeiro, quere máis que nada converterse nunha nube libre e fermosa. Pero o camiño cara ao seu soño resulta verdadeiramente difícil e impredicible.
CHIMBORAZO
7′ / ESPAÑA / 2022 / Keila Cepeda
Os homes do xeo do Chimborazo sometéronse durante centenares de anos á inclemencia deste volcán de Ándelos Ecuatorianos a cambio de picar un pouco do seu xeo e así prover ao seu pobo. Baltazar, pesar da súa idade, camiña durante horas todos os días ata chegar ao glaciar do volcán Chimborazo para extraer enormes bloques de xeo que logo vende á cidade máis próxima.
PAPÁ É GRANDE, EU SON PEQUENA
(PAPA IS BIG, I AM SMALL)
3′ / ITALIA / 2021 / Anya Ru, Masha Rumyantseva
Unha breve e tenra historia sobre unha nena que despide ao seu pai mariñeiro nunha afastada viaxe. A súa imaxinación infantil alegrará a longa espera.
BEMOL
(BÉMOL)
6′ / SUÍZA / 2021 / Oana Lacroix
Un reiseñor sen plumas canta no bosque. O seu canto calma ao osiño que chora, frea as pelexas dos esquíos e entretén á parella de cisnes que nadan no lago. Un día, unha tormenta golpea o bosque. Como o reiseñor non ten plumaxe, arrefríase e queda sen voz.
CARAFIO!
(DAMN IT!)
1′ / ALEMAÑA / 2021 / Elena Walf
A clásica loita entre o ben e o mal non sempre é unha cuestión de branco ou negro.
O GATO E A AVELAÍÑA
(CAT AND MOTH)
7′ / CANADÁ-Reino unido / 2021 / India Barnardo
Ditto o gato atopou o seu lugar favorito, pero do que non se dá conta é que alguén tamén lle botou o ollo.
AXÓUXERES II
Acompañarnos nesta nova serie de aventuras cheas de diversión e valores. Aprenderemos temas tan importantes como a aceptar as diferenzas (Plumas de colores) ou o coidado e equilibrio do noso medio ambiente (Efecto dominó). Entremedias, Lucía daranos unha importante lección sobre a tolerancia e a amizade (Lucía e o penedo).
PLUMAS DE CORES
(PLUMAS DE COLORES)
3′ / MÉXICO/ 2021 / Maribel Suárez
Un grupo de galiñas brancas cacarexa nun pasteiro cos seus pitos, cando ven chegar a unha galiña azul. Mostran o seu descontento e néganse a compartir o seu refuxio. Pero cando un raposo camiña preto do lugar, as galiñas brancas finalmente aceptan á galiña azul no grupo.
O PAXARIÑO E AS ABELLAS
(DER KLEINE VOGEL UND DIE BIENEN)
4′ / SUÍZA / 2020 / Lena von Döhren
Curioso, o paxariño segue ás graciosas abellas e non se dá conta de que o feroz raposo vermello písalle os talóns.
LUCÍA E O PENEDO
(LUCE UND DER FELSEN)
13′ / Bélxica – Francia – Países Baixos / 2022 / Britt Raes
É inverno. A neve cae con forza nas montañas.As marmotas cantoras están a buscar un refuxio para os próximos cino meses, o momento do seu hibernación. Na súa peregrinación, coñecerán a Denis, unha cabra montesa que busca unha soa cousa: calma e tranquilidade.
MIDO E OS INSTRUMENTOS
(MIDO ET LES INSTRUMEAUX)
6′ / FRANCIA / 2020 / Roman Guillanton
Mido vive só e encántalle cantar, cando un día unha banda musical de animais detense na súa casa.
EFECTO DOMINÓ
(AFFENDOMINO [MONKEY DOMINO])
4′ / ALEMAÑA / 2021 / Ulf Grenzer
Un día no zoolóxico, o orangután senta na súa gaiola e soña coa súa vida na xungla cando unha nena pasa e alegra a súa tarde aburrida.
ABELLICIDIO
(BEEWARE)
3′ / FRANCIA / 2021 / Coline Chappe
Unha abella sedenta acaba bebendo nunha piscina. Un neno cre que se está afogando e trata de salvala… Para ben ou para mal.
AXÓUXERES III
Chegamos á última estación desta viaxe na que nos visitarán novos animaliños, algúns deles un tanto estraños (Animais abstractos), e sairemos de excursión polo río (Kayak). Para rematar, sentiremos unha inmensa tenrura coa historia dun paxariño que se debate entre a fidelidade cara a súa coidadora ou a liberdade (Piropiro).
FOLLIÑA
(LÍSTEK [LEAF])
5′ / Bielorrusia – República Checa / 2020 / Aliona Baranova
Un mariñeiro enorme recibe unha folla de outono dunha nena pequena. Lémbralle ao seu fogar. Canto tempo non estivo alí? Corre para atoparse cos seus pais maiores. Que atopará alí?
ANIMAIS ABSTRACTOS
(ABSTRACT ANIMALS)
1′ / EUA – Macedonia/ 2020 / Ivica Širanović, Dana Sink
A través do vento podemos explorar o movemento, o seu significado e mesmo crear animais abstractos.
BRANCO E NEGRO
(BLACK & WHITE)
5′ / Suíza – Alemaña/ 2020 / Jesús Pérez e Gerd Gockell
Unha película sobre a tolerancia cara aos estraños. A proverbial «ovella negra» é expulsada do rabaño, pero só o forasteiro valente pode salvar ao rabaño dun gran desastre.
GUNTER NAMÓRASE
(GÜNTER FALLS IN LOVE)
2′ / IRLANDA / 2020 / Josephine Lohoar Self
É o día de Nadal e Günter, un carlino gordiño, observa desde a súa cama de can como a súa familia humana desenvolve os seus agasallos. Cando un neno desinteresado tira un vello xoguete da familia ao seu carón, Günter queda namorado.
PIROPIRO
9′ / COREA DO SUR/ 2021 / Miyoung Baek
Unha historia de dous paxaros. ‘Piropiro’ do bosque e ‘Dalle’ da florería do pobo. Accidentalmente atópanse fronte á florería, e Piropiro quere voar xuntos ao bosque…
META
3′ / ALEMAÑA / 2022 / Antje Heyn
META é unha película de animación que aborda temas como o cambio, a fugacidade, os ciclos, a conexión e a interacción de forma lúdica e experimental.
KAIAK
(KAYAK)
6′ / FRANCIA / 2021 / Solène Bosseouf, Flore Dechorgnat, Tiphaine Klein, Auguste Lefort e Antoine Rossi
A excursión en kaiak dun pai e o seu bebé por un apracible río convértese nunha auténtica aventura familiar.
CATEGORÍA BUXAINAS
(Idade recomendada +7 anos)
BUXAINAS 1
Un bloque de curtas divertidas, tarabelas e comprometidas. Nelas, veremos como algúns animais seguen patróns distintos aos que cremos (Na natureza). No remate, asistiremos a un dos rallies máis tolos da historia (Sierra).
NA NATUREZA
(DANS LA NATURE)
5′ / SUÍZA / 2021 / Marcel Barelli
Na natureza, unha parella é un home e unha muller. Agora ben, non sempre! Unha parella é tamén unha femia e unha femia. Ou un macho e un macho. Poida que non o saibas, pero a homosexualidade non é só unha historia humana.
SENTIDO PERDIDO
(LOST BRAIN)
6′ / SUÍZA / 2022 / Isabelle Favez
Un día, Louise, o crocodilo, accidentalmente esbirra o seu cerebro. Aínda por riba, ata se escapa! Isto de súpeto fai que a Louise resúltelle difícil realizar as tarefas máis simples e xa nada funciona.
UN BRANCO BRANCO DÍA
(БЕЛЫЙ-БЕЛЫЙ ДЕНЬ [A WHITE-WHITE DAY])
6′ / RUSIA / 2022 / Vasilii Chirkov
E a casa, o xardín, o vello estanque oxidado e o vento, todo ten o seu propio segredo e a súa propia alma.
SIERRA
16′ / ESTONIA / 2022 / Sander Joon
Un pai e o seu fillo están a perder a carreira popular. Para gañar, o neno convértese nun pneumático de coche. Inspirada na infancia do director, Sierra introdúcenos no surrealista mundo das carreiras de coches.
BUXAINAS II
Prepararvos para continuar coa festa de cinema máis animada. Viviremos neste bloque varias historias protagonizadas por outros nenos e nenas non tan diferentes a nós, dende as gamberradas do rebuldeiro Kiko (Kiko e os animais) ata o temor á choiva da pequena Kyna (Paraugas). Polo camiño tamén visitaremos unha escola á que chega un pequeno refuxiado na procura do seu lugar (Unha pedra no zapato).
KIKO E OS ANIMAIS
(KIKO ET LES ANIMAUX )
7′ / FRANCIA – SUÍZA / 2020 / Yawen Zheng
Kiko persegue a todos os animais. Non para de torturalos, nin o máis pequeno dos ratos pode escapar! Como explicarlle que son como el, capaces de sentir emocións e amar, e que merecen ser respectados?
PARAUGAS
(PARAPLUIES [UMBRELLAS])
12′ / ESPAÑA – FRANCIA / 2020 / Álvaro Robles, José Prats López
Nun afastado pobo no que chove sen parar, Kyna, de seis anos, pasa o tempo xogando alegremente, ao resgardo da choiva baixo a barba paraugas de Din, o seu pai. Unha noite, Nana, a súa adorada cadeliña, desaparece. Para atopala, Kyna terá que enfrontarse ao que máis teme no mundo, a choiva.
A EXTRAORDINARIA HISTORIA DE BRUNA
(LA EXTRAORDINARIA HISTORIA DE BRUNA)
7′ / ESPAÑA / 2021 / Mark Riba, Anna Solanas
Unha noite de San Xoán un forte vendaval leva a Bruna lonxe de casa.
UNHA PEDRA NO ZAPATO
(UN CAILLOU DANS LA CHAUSSURE)
11′ / FRANCIA – SUÍZA / 2020 / Eric Montchaud
Un estudante chega á súa nova clase. Non é un estudante como os demais, é unha ra nunha clase de coellos.
AS SOLISTAS
(THE SOLOISTS)
8′ / FRANCIA / 2021 / Yi Liu, Feben Elias Woldehawariat, Razahk Issaka, Mehrnaz Abdollahinia e Celeste Jamneck
Nun pequeno pobo rexido por leis ridículas, tres irmás cantantes e o seu can ensaian para o Festival Anual de Outono. Pero un evento inesperado desbaratará os seus plans.
BUXAINAS III
Apretade ben os cintos porque encaramos a recta final do festival. Veredes agora ata que punto sentir medo pode chegar a ser a maior das parvadas (Non teño medo), como a imaxinación nos pode transportar a outros mundos (2020: unha odisea no 3º esquerda), ou que difícil pode chegar a ser a vida lonxe do teu fogar (Migrantes). Gozade destas historias e nunca deixedes de soñar.
NON TEÑO MEDO
(ICH HABE KEINE ANGST! [I’M NOT AFRAID!])
7′ / Alemaña – Noruega / 2022 / Marita Mayer
Durante un xogo ao agocho, Vanja descobre que ser valente tamén significa enfrontarse aos medos. E que todos teñen medo de cando en vez, incluso os grandes.
2020: UNHA ODISEA NO 3º ESQUERDA
(2020: ODISSEIA NO 3ºESQUERDO [2020: AN ODYSSEY ON THE 3RD LEFT])
14′ / Portugal / 2022 / Ricardo Leita
Un neno de oito anos vive unha aventura imaxinaria a través da inmensidade do espazo exterior.
MIGRANTES
(MIGRANTS)
8′ / FRANCIA / 2020 / Hugo Caby, Antoine Dupriez, Aubin Kubiak, Lucas Lermytte e Zoé Devise
Dous osos polares vense obrigados a exiliarse debido ao quecemento global. Atoparanse con osos pardos ao longo da súa viaxe, cos que tentarán convivir.