SECCIÓN BUXAINAS

– Selección Oficial VIII EDICIÓN 2025 –

BUXAINAS I

(Venres, 14 de novembro ás 19:00h)
(Idade recomendada +7 anos)
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS

Estades a punto de desfrutar da sesión máis variada e tola do festival. Así, pouco ten que ver a viaxe accidentada dunha familia camiño da praia (Ups!) coas aventuras dun cabaleiro andante que traballa por conta allea (Cabaleiro andante), sen esquecérmonos da curiosa relación existente entre dúas criaturas mitolóxicas e antagónicas (Os fillos do paxaro). Como fin de festa, asistiredes á carreira de carricoches dos vosos soños (Caixa de xabón).

UPS!

11′ / PORTUGAL / 2024 / Galvão Bertazzi e Luís Canau

Un neno vive rodeado dunha opresiva cacofonía de sons, nunha familia disfuncional. Un raio de luz e esperanza pode facer posible tomar un respiro desa vida infernal cando xorde a oportunidade de pasar un día tranquilo na praia.

CABALEIRO ANDANTE

(Freelance)

2′ / DINAMARCA / 2024 / Luciano A. Muñoz Sessarego, Magnus Igland Møller e Peter Smith

Un novo cabaleiro cheo de esperanzas preséntase para cumprir o seu deber na corte do Rei. Pouco sabe el que matar dragóns podería non ser o seu maior desafío.

CANTO FALTA?

(Gahts no lang?)

4′ / SUIZA / 2024 / Sven Kristlbauer, Raul Bisone e Marion Zeder

Timo, de nove anos, ten a sensación de que leva unha eternidade sentado no coche. A única maneira de escapar das discusións dos seus pais é refuxiarse no seu mundo de fantasía.

ESTREA EN GALICIA

OS FILLOS DO PAXARO

(A madár gyermekei)

11′ / HUNGRÍA / 2024 / Júlia Tudisco

Unha exploración do equilibrio simbiótico entre a creación e a destrución, mentres dous nenos divinos dan forma e descobren o mundo xuntos.

CUNCHIÑA

(Coquille)

6′ / FRANCIA / 2023 / Justine Raux, Gatien Peyrude, Loic Girault, Anna Danton, Maud Chesneau, Grégoire Callies, Cassandra Bouton e Justine Aubert

Bernard, un pequeno cangrexo ermitán, perde a súa cuncha. Terá que enfrontarse aos perigos da praia para atopar outra. Coa compañía dun cangrexo algo estraño que o axudará a protexerse, ambos vivirán aventuras que os achegarán.

ESTREA EN GALICIA

CAIXA DE XABÓN

(Boite á savon)

16′ / CANADA / 2024 / Jimmy G. Pettigrew

Un grupo de nenos reúnese para competir na carreira anual de autos caseiros pola montaña máis alta do pobo. Hubert, de 10 anos, tentará gañar a carreira por primeira vez para namorar a Anouk Sauvages, a moza que fai latexar o seu corazón máis rápido.

ESTREA EN GALICIA

BUXAINAS II

(Sábado, 15 de novembro ás 13:00h)
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS

A vida está chea de relacións de todo tipo, tal como se reflicte nas historias desta sesión. Ás veces, nace un vínculo especial coas nosas mascotas (A viñeta baleira). E que podemos dicir da vida en comunidade e do seu carácter disfuncional (Balconada). Aínda así, a relación máis fermosa imaxinable ten nome propio: a familia.

CONTACONTOS

(Storytelling)

7′ / SUIZA / 2024 / Nils Hedinger

Desde os debuxos nas cavernas ata as cámaras de eco: a historia da humanidade é unha historia de contar historias.

ATRAPA O RATO

(House Trap)

2′ / PAÍSES BAIXOS / 2024 / George Hampshire

Cando un rato rouba a última peza dun puzzle, unha familia afastada xúntase para xogar a un xogo de gato e rato.

ESTREA EN GALICIA

A VIÑETA BALEIRA

(La Case Vide)

11′ / FRANCIA / 2025 / Thibault Chollet

Desde a morte do seu can, Paul, de 16 anos, deixou de debuxar as fantásticas aventuras nas que eran heroes. Pero a súa irmá pequena insiste en que complete un debuxo inacabado.

ESTREA EN GALICIA

O PEQUENO ANTEPASADO

(La Petite Ancêtre)

11′ / CANADÁ / 2024 / Alexa Tremblay-Francoeur

Unha casa ancestral constrúese a si mesma, anímase e ilústranos a súa vida de cento cincuenta anos. Ao longo das épocas, lévanos a percibir o paso do tempo.

ESTREA EN GALICIA

BALCONADA

(Balkone)

5′ / ALEMAÑA / 2024 / Xenia Smirnov

Balconada mostra as peculiaridades e os adorables matices da vida cotiá nun edificio de gran altura, ofrecendo unha mirada aos balcóns dos seus habitantes. Ao ritmo dos sons dos residentes, experimentamos un día nas súas vidas. A música impulsa a narrativa ata que se pon o sol.

ESTREA EN GALICIA

BUXAINAS III

(Sábado, 15 de novembro ás 18:30h)
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS

Para poñer o ramo, deixarémonos levar polo noso lado máis ecoloxista. Veremos como é posible sobrevivir na natureza sendo unha cría sen pais (Verde para sempre), que pasaría se nos descargamos una App que controle as nosas accións contaminantes (Cota) ou que pouco custa ter a nosa propia plantación ecolóxica (Un pequeno xardín xunto á fiestra). Despois de todo isto, despedímonos cunha falcatruada sobre seres do espazo capaces de mellorar o intelecto dos primeiros cavernícolas (Eureka!).

VERDE PARA SEMPRE

(Forevergreen)

13′ / USA / 2025 / Nathan Engelhardt, Jeremy Spears

Un oso orfo atopa un fogar nunha árbore de piñeiro que actúa como unha figura paterna, ata que o seu desexo insaciable de lixo levalo ao perigo.

ESTREA EN GALICIA

COTA

(Quotum)

2′ / PAÍSES BAIXOS / 2024 / Job Roggeveen, Joris Oprins, Marieke Blaauw

Cando se esixe a todos os cidadáns do mundo que fagan un seguimento das súas emisións de CO2, o impacto é mínimo… ata que descobren as consecuencias de alcanzar a COTA que se lles asignou.

PADER

8′ / FRANCIA / 2024 / Jean Vergé

Un mozo emprende unha procura a través dun deserto ardente, levando unha carga pesada. Impelido por unha voz interior imperiosa, enfronta dificultades, convertendo o seu deber nunha ferramenta para superar os obstáculos.

UN PEQUENO XARDÍN XUNTO Á FIESTRA

(창가의 작은 텃밭)

4′ / COREA DO SUR / 2024 / Jong-Hoon Lee

Pola mañá cedo, un arquitecto recolle tomates cereixa maduros dun pequeno horto xunto á xanela para preparar a súa friameira para o traballo. A ecoenerxía flúe das tomateiras. Esta ecoenerxía, nada de pequenos actos de responsabilidade ambiental, acompaña ao arquitecto no seu camiño cara á primeira liña da crise climática unha vez máis.

GORRIÓNS

(Moineaux)

11′ / BÉLXICA – FRANCIA / 2024 / Rémi Durin

Nun templo budista, os novos monxes comezan a súa meditación cando chega o mestre. Un dos nenos distráese cun gorrión e segue ao paxaro fóra do mosteiro. Aquí comeza un paseo fóra dos camiños trillados que se converte na viaxe da súa vida.

EUREKA!

10′ / BÉLXICA / 2024 / Kris Borghs

Un dúo de extraterrestres cruza o universo para compartir coñecementos tecnolóxicos con mentes menos brillantes. Nun planeta peculiar, as cousas non saen como planearan.