SECCIÓN AXÓUXERES
– Selección Oficial VIII EDICIÓN 2025 –
AXÓUXERES I
(Venres, 14 de novembro ás 17:00h)
(Idade recomendada +2 anos)
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS
Deixade voar a vosa imaxinación cos personaxes destas historias. Algúns deles son máis que coñecidos, como a Carapuchiña Vermella (Plumeiro); outros un pouco menos, mais protagonistas de aventuras épicas (A lenda do colibrí). Iso si, veredes como nace a amizade entre un neno e un divertido peixiño (A carpa e o neno).
CACOFONÍA
(Cacophonie)
3′ / FRANCIA / 2024 / Vincent Coudroy de Lille
Un merlo quere namorar unha femia co seu canto, pero o ruído das máquinas que o rodean é tan forte que lle resulta difícil facerse oír. Acaba perdendo a cabeza, e na súa loita atopa a solución.
PLUMEIRO
(Plumero)
7′ / ESPAÑA / 2024 / Mariela Rubio Díaz, Maria Domingo Navarro
Valentina, prepárase para visitar á súa avoa co propósito de facer un pastel de laranxas. Co mapa que lle dá a súa nai, emprende un desafiante viaxe a través do bosque, onde se atopa con diversas criaturas que intentan desviar a súa atención e afastala do seu obxectivo. Afortunadamente, conta coa axuda da súa fiel amiga: unha raposa que a guía e protexe de todos os perigos que o bosque agocha.
ESTREA EN GALICIA
A LENDA DO COLIBRÍ
(La Légende Du Colibri)
9′ / FRANCIA / 2024 / Morgan Devos
Desprégase un incendio na selva amazónica, e os animais asustados abandonan o seu hábitat para refuxiarse na outra beira. Só un pequeno colibrí se empecina en loitar contra o incendio cando ve a un perezoso e á súa cría atrapados no medio das chamas.
PENÍNSULAS
(Presqu’îles)
5′ / BÉLXICA / 2024 / Angèle Vergoni, Sarah Vanhoeck
Un día, unha muller espertase nun pequeno bosque. Ou talvez sexa ela a grande? Non o sabemos ben. O bosque está cheo de persoas de aspecto raro, tamén moi pequenas. Non parece que estean contentas de que a muller estea alí.
ESTREA EN GALICIA
FILANTE
8′ / FRANCIA / 2023 / Marion Jamault
Cada noite, Paulette observa a mesma estrela fugaz no ceo. Pide o seu desexo máis profundo: atopar á súa rata mascota, misteriosamente desaparecida. Pasan os días, pero o animal non regresa. Paulette quere entender que lle pasa á súa estrela.
A CARPA E A NENA
(La Carpe Et L’Enfant)
6′ / FRANCIA – BÉLXICA / 2024 / Morgane Simon, Arnaud Demuynck
Unha nena vai pescar carpas. Pero ten a mala idea de levar ao seu can consigo. Entre o cadeliño, unha ra e un parrulo, non é doado pescar un peixe…
AXÓUXERES II
(Sábado, 15 de novembro ás 12:00h)
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS
Esta sesión está pensada para os máis fantasiosos. Aquí poderedes experimentar unha viaxe por un túnel máxico (O túnel da noite), as desventuras duns obxectos con vida propia (Melodía en conserva) ou como sería a convivencia entre persoas e dragóns (Érase unha vez en Viladragón). Como peche, desfrutade da granxa máis divertida do mundo (Unha dor no traseiro).
LOITA DE NOCES
(Nutissimo)
2′ / FRANCIA / 2025 / Nicolas Bianco-Levrin
Ao comezo do outono, un esquío prepara as súas reservas para o inverno, recollendo landras, castañas e abelás. Cando remata o seu inventario, dáse conta de que lle falta unha noz. Cando a atopa, unha corvo lévaa, desatando unha frenética carreira a través das ramas no bosque.
ESTREA EN GALICIA
O TÚNEL DA NOITE
(Le Tunnel de la Nuit)
9′ / BÉLXICA – FRANCIA/ 2024 / Annechien Strouven
Despois de cavar un túnel na praia, dous nenos de diferentes partes do mundo atópanse. Xuntos, cavan o seu camiño ata o Polo Norte, onde descubren unha maneira máxica de regresar á casa.
ESTREA EN GALICIA
QUIQUIRIQUÍ
(Kukeleku)
3′ / PAÍSES BAIXOS / 2024 / Jelle Janssen
Nugget é un galo sen voz e, polo tanto, incapaz de cantar. Cando descobre un xoguete que chía, pensa que atopou a solución… pero será para sempre?
ESTREA EN GALICIA
MELODÍA EN CONSERVA
(Tin Tune)
10′ / USA / 2025 / Carolyn Gair
Cando mides só tres polgadas de altura, un ático cheo de po convértese nun mundo de marabillas. Zip e Wheel exploran os recunchos sombrosos dunha gardería esquecida.
ESTREA EN GALICIA
ÉRASE UNHA VEZ EN VILADRAGÓN
(Il Était Une Fois À Dragonville)
9′ / FRANCIA – SUIZA / 2024 / Marika Herz
Samson, un dragón que se burla dos demais habitantes de Viladragón, vese obrigado a ir a Vilapersoa. Alí coñece a Simon, un neno pequeno que lle axuda a afrontar as dificultades. Samson descubrirá un novo mundo, pero sobre todo, descubrirá a amizade.
ESTREA EN GALICIA
UNHA DOR NO TRASEIRO
(Lenas Hof: Der Stachel im Po)
5′ / CROACIA – ALEMANIA / 2025 / Elena Walf
O ourizo está a piques de entrar en hibernación cando se dá conta de que lle falta unha das súas espiñas. Está atascada no trasero do can de Lena, nada menos. Recuperala non vai ser nada doado…
ESTREA EN GALICIA
AXÓUXERES III
(Domingo, 16 de novembro ás 12:00h)
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS
MOJAPPI É MEU!
(モジャッピ ~いただき!ホットケーキ~)
3′ / XAPÓN / 2024 / Nijitaro
Ao traveso trío «Mojappi», que vive no bosque, encántalle gastar bromas. Un día, ao ver aos seus amigos facendo chulas, recorren a todos os trucos posibles para arrebatarllas dalgunha maneira.
O XARDÍN MÁXICO
(O Jardim Mágico)
6′ / BRASIL / 2025 / Naira Carneiro, Carlon Hardt
Dous amigos descobren un tesouro agochado, pero ambos se negan a aceptalo. Xuntos, atopan unha solución que fará brotar un fermoso futuro para toda a aldea.
ESTREA EN ESPAÑA
LUCES
(Lights)
5′ / ESPAÑA / 2025 / Aitana Cantero Velasco, María Isabel Sáiz Romero
A noite cae e a cidade ilumínase grazas á Gran Máquina. Quen a coida é o inventor. Non obstante, el non está só. Nas bombillas da súa torre viven pequenas criaturas que, ao ver como a máquina lle está causando problemas, deciden axudarlle. Pero, como poderán axudar a quen non quere ser axudado?
CAN BOBO
(Stupid Dog)
3′ / RUSIA / 2025 / Daria Ishcheykina
As tolas travesuras do can levan tempo irritando ao dono. Pero, será que hai un significado oculto detrás delas?
ESTREA EN GALICIA
A COCIÑA DE BOBEL
(Bobel’s Kitchen)
10′ / BÉLXICA / 2025 / Fiona Rolland
Bobel, un pequeno cogomelo velenoso, soña con converterse en cociñeiro no mercado da súa aldea. Pero os prexuízos dos aldeáns farán que a súa tarefa sexa difícil.
ESTREA EN GALICIA
OSO DE NEVE
(Snow Bear)
11′ / USA / 2024 / Aaron Blaise
Cando un oso polar solitario non atopa un amigo… créase un.




















