ACTIVIDADES MIÚDAS
– VI Edición (2023) –
SESIÓN ESCOLAR: INFANTIL
(5 a 6 anos)
Os centros que nos acompañarán nesta sesión serán a EEO de O Milladoiro, a EEI da Igrexa, a EEI de Covas, CEIP Agro do Muíño, CEIP de Barouta e CEIP A Maía.
VENTILADORCIÑO
(Little Fan)
5′ / ALEMAÑA / 2023 / Shad Lee Bradbury e Sveta Yuferova
Mentres Ventiladorciño explora a mesa, este atopa un obxecto que lle expón novos desafíos
BÁBOVKA
(Bábovka [Sandpie])
10′ / CHEKIA / 2022 / Katerina Karhánková
Mina e o seu amigo Toy divírtense nun areal. Todo é diversión e pasteis de barro ata que o xoguete é secuestrado por uns nenos en bicicleta.
ESQUÍO
(Eichhörnchen [Squirrel])
4′ / ALEMAÑA / 2022 / Julia Ocker
A esquío nai está ocupada recollendo noces, así que non ten tempo para coidar dos seus fillos.
O NACEMENTO DUN OASIS
(Naissance Des Oasis)
9′ / FRANCIA / 2022 / Marion Jamault
Unha serpe de sangue frío e un camelo de sangue quente fanse íntimos amigos.
ARROLO ACUÁTICO
(Lullaby Aquarium)
3′ / ESPAÑA / 2022 / Ana María Mendicote Brañas e Queralt de Miguel Rosique
Tres pequenos irmáns abúrrense durante unha misa. En certo punto quedan durmidos e soñan cun enorme acuario dentro da catedral
DOUS PAXAROS
[EP. 13 O Discurso]
3′ / URUGUAI-ARXENTINA-COLOMBIA / 2021 / Alfredo Soderguit e Alejo Schettini
Os dous paparicos elaboran diferentes discursos para conquistar aos paxaros vermellos. Cada un tenta atraelos con diferentes estratexias. Cando se cansan, os seus discursos tórnanse agresivos e comeza unha batalla campal.
POLISÓN
(Stowaway [Polizón])
5′ / EUA / 2021 / Ethan Briscoe
Logo de descubrir a un bebé kraken a bordo do seu barco, dous piratas tentan desfacerse del. A medida que aumentan os seus intentos frustrados, non fan máis que penetrarse no desastre.
SESIÓN ESCOLAR: PRIMARIA
(9 a 11 anos)
Os centros que nos acompañarán nesta sesión serán CEIP A Maía, CEIP de Barouta e CEIP Agro do Muíño.
PETE
7′ / EUA / 2022 / Bret Parker
Pete fala sobre a identidade de xénero, as ligas menores de béisbol, as persoas que inspiran o cambio tratando de ser elas mesmas e os superheroes que permiten que ese cambio suceda.
HARVEY
9′ / CANADÁ-FRANCIA / 2023 / Janice Nadeau
Harvey achega unha mirada poética e luminosa sobre o duelo dun neno, cunha imaxinación desbordante e sobre a maneira de escapar á morte dun dos seus pais.
CEMITERIO DE COCHES
(Cementerio De Coches)
8′ / ESPAÑA / 2023 / Miguel Ángel Olivares
Ruben e Asïr, dous grandes amigos, vense cada tarde para xogar ao fútbol nun despezamento de coches. Un día como outro calquera, Rubén espera ao seu amigo, coa sorpresa de que este recibiu unha malleira derivada do racismo. O apoio incondicional que lle ofrece Rubén a Asïr reflicte a máis pura amizade, aínda que o peor está mesmo por chegar.
LAIKA & NEMO
15′ / ALEMAÑA / 2022 / Jan Gadermann e Sebastian Gado
Nemo ten un aspecto diferente. Ninguén máis leva unha escafandra e un casco tan enorme. Pero entón coñece a Laika, unha astronauta.
NUNCA PENSEI
(Nunca Pensé)
9′ / ESPAÑA / 2022 / Abraham Céspedes
Diego, un estudante atrapado entre as garras de compañeiros que o acosan a diario, deberá tomar unha decisión que cambiará a súa vida para sempre.
Aaaah!
4′ / FRANCIA / 2022 / Osman Cerfon
Aaaah! é unha expresión de dor, sorpresa, medo, alegría, canto, refunfuño, risa, rabia… Aaaah! é o berro que utilizan os nenos, eses seres primitivos e inocentes, cando experimentan a vida escolar, baixo os asubíos da supervisión dos adultos.
SESIÓN ESCOLAR: SECUNDARIA
(12 a 15 anos)
O centro que nos acompañará nesta sesión será o IES do Milladoiro.
CORAXE
(Tear Off)
6′ / FRANCIA / 2022 / Clément Del Negro, Charlotte Fargier, Héloïse Neveu, Camille Souchard, Nalini Bashin, Mikko Petremand e Matthias Bourgeuil
Unha pequena abella debe superar a súa condición se quere sobrevivir ao Avispón destrutivo que invadiu a súa colmea. Esta aventura permítenos descubrir o lado escuro dunha colonia a primeira vista utópica.
MADDEN
13‘ / SUECIA / 2023 / Malin Ingrid Johansson
Para Madden, o camiño embarrado que vai dende a entrada da granxa da súa familia á pequena cidade próxima parece un limiar a outro mundo. Pero cuns brillantes zapatos de tacón e un minivestido relucente, desafía os obstáculos e disponse a cruzar o escuro bosque.
SANDWICH CAT
11′ / GALICIA / 2022 / David Fidalgo
David vive só co seu gato, Sandwich Cat. Parecía un día calquera sen máis pero unha visita inesperada conduciralle a unha reflexión crucial para a humanidade.
TRENZAS
(Des Tresses [Braids])
16′ / FRANCIA / 2022 / Leïla Macaire
Lili chega a unha nova escola, lonxe do campo onde creceu. Non é fácil integrarse, pero Lili non tarda en facerse amiga de Dado. Para a foto do colexio, Lili faise trenzas e Dado alísase o pelo.
TETAS
(Tits)
12′ / NORUEGA / 2023 / Eivind Landsvik
Tras un desagradable encontrón na praia, os adolescentes Óscar e Iben son abandonados polos seus amigos.
A HORA DOS AVÓS E DAS AVOAS
(Para todos os públicos)
O CARRUSEL
(La Calesita)
9′ / ARXENTINA / 2022 / Augusto Schillaci
Unha conmovedora historia sobre os entrañables operadores de carruseis arxentinos, que dedicaron as súas vidas para proporcionar diversión e felicidade aos nenos e os seus barrios. Unha historia de perseveranza e comunidade por encima do individuo.
COMO SE NADA
(L’Air De Rien [Slipping Away] )
14‘ / FRANCIA / 2022 / Gabriel Hénot-Lefèvre
Nun sanatorio xunto ao mar, a vida dun home vese alterada pola chegada dunha gaivota á que aos poucos vai domesticando. Cando a gaivota resulta ferida, o home cóidaa, converténdose brevemente nun neno de corazón.
CANDO AS ANDORIÑAS MARCHAN
(Quand Les Hirondelles S’En Vont )
19′ / BÉLXICA / 2021 / Sébastien Pins
Nunha pequena cidade rural, un mociño faise amigo de Fernand e Andrée, unha parella de labregos de 80 anos que teñen problemas para alimentar o gando que lle queda.
COLLEITA GALEGA
Unha sesión de curtametraxes feitas aquí na terra.
Unha retrospectiva de traballos galegos moi diversos feitos nos últimos anos con especial agarimo e moito talento.
O MONSTRO E A NENA
5′ / 2023 / Jorge Juan Costas Mira
Había unha vez un monstro ao que lle doía un corno. O monstro pensou que necesitaba un médico, así que se marchou á cidade.
O ÚLTIMO CANTO
15‘ / 2019 / Borja Guerrero
Todas as mañás, o galo de Filiberto e Sacramento subía ao campanario e cantaba: «¡Oh sole mío…» Así foi durante moitos anos, tantos que parecía que sempre sería igual. Pero o capón pouco a pouco chegou a vello e unha noite fechou os ollos para durmir…
PAQUITA
3′ / 2017 / Javier González Garrido
Paquita é unha breve visión do futuro. Amosa as posibilidades de supervivencia dun cacto fronte á desertización global.
LUSCOFUSCO
2′ / 2018 / Javier Portomeñe
Criaturas ou espíritos que habitan o bosque e que non se poden ver a simple vista, senón só baixo a máxica luz do luscofusco.
BROTAR
3′ / 2019 / Montse Piñeiro
Brotar é unha homenaxe ao traballo artesanal, feito dende as mans e o corazón.
NOVA REALIDADE
1‘ / 2020 / David Fidalgo Omil
Cando pasas tanto tempo pechado na casa que esqueces como era o mundo.
WELCOME TO GARDENLAND
7′ / 2021 / Aarón Pérez Pardiñas
Nun mundo onde as plantas ocuparon o lugar dos humanos, a familia Jefferson está a piques de vivir un día en grao sumo tolo. Descobre o incrible mundo de Gardenland da man dunha das familias máis particulares.
EINSTEIN-ROSEN
9‘ / 2016 / Olga Osorio
Verán do 82. Teo asegura que atopou un buraco de verme. O seu irmán Óscar non lle cre. Polo menos non de momento.
FESTI AMIGO: El Meu Primer Festival
(Idade recomendada +7 anos)
A nosa colaboración con festivais como Cinema Miúdo pretende apoiar a festivais pequenos que representan a diversidade cultural que hai en España e que, xustamente, apostan por difundir un cinema plural, diferente e non hexemónico entre as e os máis pequenos da casa.
Por outra banda, a oportunidade de facer unha Carta Branca implica unha mirada cara a atrás a toda a programación destes 16 anos que levamos e poder elixir aqueles que , por unha razón ou outra deixaron máis pegada, triunfaron no seu momento, deixáronnos un bo sabor de boca etc. Buscando un equilibrio entre calidade artística e interese educativo.
Agardamos que gocedes desta experiencia!
Equipo de El Meu Primer Festival.

A CONTAR OVELLAS
(Compte les moutons)
7′ / FRANCIA-BÉLXICA / 2015 / Frits Standaert
Un neno pequeno non consegue durmirse e pídelle axuda ao seu pai, que para non contarlle outro conto, recoméndalle ao neno que conte ovellas. E así o fará, ata que de súpeto dáse conta de que ten unha ducia de ovellas ao redor da súa cama!
MEDO A VOAR
(Fear of flying)
9′ / IRLANDA / 2012 / Conor Finnegan
Dougal é un pequeno paxaro que teme voar. Polas noites ten un pesadelo na que é incapaz de alzar o voo e cae sempre ao chan, e durante o día vai camiñando a todas partes en lugar de enfrontarse aos seus medos. Como o fará para migrar cara ao Sur cando chegue o inverno máis duro?
A METAFÍSICA DOS NENOS
(A Child Metaphysics)
5′ / XAPÓN / 2007 / Koji Yamamura
Un neno ten a cabeza chea de números, os ollos que parecen peces e a boca feita de cremalleiras. Atopamos unha imaxinación desbordante neste curto que expón a dobre vertente filosófica e ecolóxica de toda criatura.
5,80 METROS
5′ / FRANCIA / 2012 / Nicolas Deveaux
Que ocorre nas piscinas olímpicas cando están pechadas ao público? Esta curtametraxe revela que á primeira hora da mañá están os adestramentos de salto de trampolín das xirafas!
GOKUROSAMA
7′ / FRANCIA / 2016 / Clémentine Frère, Aurore Gal, Yukiko Meignien, Anna Mertz, Robin Migliorelli e Romain Salvini
Nun centro comercial que está a piques de abrir as súas portas, o día empezou algo trabado para algúns dos seus traballadores.
O AGASALLO
(The Present)
4′ / ALEMAÑA / 2015 / Jacob Frey
Un neno ensimesmado nos videoxogos, recibe a un cachorro como agasallo. Ao principio, non mostra ningún tipo de simpatía polo can, pero máis tarde acabará entendendo que o animal pode axudarlle a superar os seus problemas.
AS NOVAS ESPECIES
(Nový Druh)
6′ / CHEQUIA / 2013 / Kateřina Karhánková
Un tropezo cun misterioso óso esperta a imaxinación de tres nenos que deciden acudir á sabedoría académica dun paleontólogo e ver que pistas poden desenterrar.
GRAN PREMIO
(Grand Prix)
7′ / ESPAÑA / 2011 / Marc Riba e Anna Solanas
Tres amigos prepáranse para realizar unha carreira de bicicletas. Xusto antes de empezar, aparece unha moza moi decidida a participar, pero dous dos mozos non a deixan correr. O terceiro participante, pola contra, namórase dela e constrúelle un sidecar para levala con el durante a carreira.
OBRADOIRO: MAKE A REMAKE
Sábado 18 de novembro | 11:00 – 12:30 | Casa da Cultura de bertamiráns
Domingo 19 de novembro | 11:00 – 12:30 | Casa da Cultura do Milladoiro
(Actividade recomendada para miúdos e miúdas de entre 7 e 12 anos)
Inscricións en actividades@cinemamiudo.gal
Neste obradoiro os miúdos e miúdas crearán escenografías partindo dun amplo abano de referentes coñecidos de películas e personaxes xa existentes para, a través dun xogo compositivo, recontextualizar eses contidos e materializar dioramas dentro dunha caixa de cartón.
Este traballo toma como referencia á cineasta Lotte Reiniger e pon o foco no uso do multiplano como elemento visual definitorio da narrativa, a mesma técnica que a directora emprega nas súas escenas.
Este obradoiro estará conducido por Iria e Ángel de Estudio I.A. Dous especialistas que levan máis de 15 anos realizando obradoiros que utilizan a arte e a creatividade como vehículo de aprendizaxe.
A súa filosofía de traballo baséase no achegamento do coñecemento da acción artística e o espírito creativo desde un punto de vista activo, lúdico e curioso.
Utilizan disciplinas diversas (arquitectura, pintura, escultura, cinema, fotografa etc.) como vía de expresión e descubrimento de novas linguaxes desde as que coñecer o mundo e expresarnos.
O Peliculón:
Sábado 18 de novembro | 19:30 H. | Casa da cultura de Bertamiráns.
(Idade recomendada +7 anos)
OINK OINK
72′ / Países Baixos / 2022 / Mascha Halberstad
Cando Babs, unha nena de 9 anos, recibe un porquiño chamado Oink como agasallo por parte do seu avó, convence aos seus pais de quedarllo coa condición de que siga un adestramento para cachorros. O porquiño cambiará a súa vida e a de todos na súa familia ata que as cousas empezan a complicarse de maneira inesperada cando descobre que os seus pais non son a maior ameaza para Oink.
Inauguración – Clausura e Entrega de premios
INAUGURACIÓN
Venres, 17 novembro | 17:00h
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS
Que soen os axóuxeres e xiren as buxainas! Que desfilen as pequenas estrelas pola alfombra vermella cara á sala de cinema!
Nesta inauguración do festival estaremos moi ben acompañados e non faltarán a diversión nin as gargalladas. Estará connosco KOTE MALABAR con seu espectáculo Cirkote que inclúe circo, teatro, malabares e humor, sobre todo moito humor.
KOTE MALABAR leva cerca de 20 anos facendo rir e gozar a todo tipo de públicos en infinidade de actuacións. No seu espectáculo combina técnicas de circo, clown e teatro cómico e de participación. Un divertimento no que pode acontecer de todo, incluso que un ou unha dos nosos miúdos acabe sendo a estrela da función.
Clausura e entrega de premios
Domingo, 19 novembro | 18:30h
CASA DA CULTURA DO MILLADOIRO
Na gala de clausura poñerémonos guapos e guapas para recibir a Rogelio, un pallaso moi molón que irá desvelando cales son as mellores curtametraxes desta sexta edición, segundo o xurado, e cales foron as favoritas dos nenos e nenas.
Durante a gala, veremos as catro curtametraxes gañadoras intercaladas co divertido espectáculo de Rogelio, un pallaso en recuperación.
Se non o coñecedes, ides namorar del. O bo de Rogelio vai saír da casa, despois de 20 anos, para presentar a Gala de Clausura desta VI edición do festival. Será inesquecible xa que, Rogelio leva todo este tempo preparándose para este momento. Vainos sorprender con maxia, circo, malabares e sobre todo moitas risas. Un espectáculo de clown para os que non gañan sempre, para os perdedores, para aprender a rirse dun mesmo e superarse. Toda unha festa!
Os premios que se entregarán durante a gala de Clausura desta VI edición de Cinema Miúdo son:
Premio Axóuxeres do Público
Premio Axóuxeres do Xurado
Premio Buxainas do Público
Premio Buxainas do Xurado


