FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA INFANTIL DE AMES

Concello de AMES
Cinema Miudo Festival Internacional de Cine Infantil
Deputación da Coruña
Concello de AMES
Cinema Miudo Festival Internacional de Cine Infantil
Deputación da Coruña

| No taller A Máquina Fantástica as nenas e nenos construirán unha cámara fotográfica e revelarás as súas propias fotografías.

| O festival internacional de cine infantil celébrase nas Casas da Cultura do Milladorio e Bertamiráns entre o 14 e o 17 de novembro e está adicado aos pioneiros do cinema.

| O abono para todo o festival ten un prezo de 3,00 € e pode mercarse na billeteira electrónica do Concello de Ames.

09.11.2024 | O sétimo festival internacional de cine infantil Cinema Miúdo convida ás nenas e nenos de Ames a explorar as orixes da fotografía a través do obradoiro A Máquina Fantástica. O taller terá lugar o sábado 16 na Casa da Cultura de Bertamiráns e o domingo 17 na Casa da Cultura do Milladoiro, ambos a partir das 10:30h. A actividade ten unha duración de 2 horas. As prazas son moi limitadas e é preciso formalizar a inscrición no mail actividades@abella.gal indicando nome, ideade e teléfono de contacto. A idade mínima para participar é de 8 anos.

O taller ofrece aos participantes a oportunidade de crear de maneira sinxela e artesanal a súa propia cámara fotográfica estenopeica. Unha estenopeica é unha cámara fotográfica sen lente, que consiste nunha caixa estanca á luz cun pequeno orificio por onde entra a luz, o estenopo, e un anaco de película no que se plasmará a imaxe. A través desta experiencia práctica, os nenos aprenderán como a luz pode transformarse en imaxes dentro dunha caixa escura e como fixar esas imaxes en papel fotográfico utilizando técnicas clásicas de revelado. Ao finalizar a actividade, cada participante poderá levar á casa a súa primeira fotografía revelada como recordo tanxible da súa aventura creativa.

O programa do taller inclúe a construción da cámara, a realización das fotografías e unha breve introdución á teoría e historia da cámara, que se levará a cabo mentres se revela o material. Ademais, instalase unha cámara estenopeica de gran tamaño (1,80 x 2,50 metros) no exterior das casas da cultura, onde os participantes poderán comprender mellor o proceso e explorar dentro da propia “cámara”. 

A Máquina Fantástica será impartido por Sr. Sagüillo, artista visual con máis de 15 anos de experiencia no sector cultural e audiovisual. Licenciado en Belas Artes e cun máster en produción de animación, traballou como realizador en proxectos audiovisuais como Kalandraka TV e colaborou con marcas recoñecidas en moda e deseño gráfico. A súa versatilidade permitiulle desempeñarse tamén como escenógrafo e muralista, recibindo premios e nomeamentos que avalan a súa traxectoria creativa.