FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA INFANTIL DE AMES

Concello de AMES
Cinema Miudo Festival Internacional de Cine Infantil
Deputación da Coruña
Concello de AMES
Cinema Miudo Festival Internacional de Cine Infantil
Deputación da Coruña

A quinta edición de Cinema Miúdo ten aberto o prazo para a inscrición de curtametraxes infantís ata o 30 de setembro.

O festival de Ames destinado a público infantil celebrarase entre o 24 e o 27 de novembre na Casa da Cultura de Bertamiráns e o Milladoiro e a partir deste ano estará xestionado pola produtora cultural galega Abella.

12.08.2021 O festival Cinema Miúdo arrinca o período de programación e para elo, anima aos cineastas de calquera nacionalidade a inscribir as súas pezas e optar a ser proxectadas na quinta edición do festival internacional que se celebra no Concello de Ames. 

Como é habitual, a sección oficial estará dividida en dous bloques, atendendo á idade á que están dirixida os filmes: axóuxeres, para meniños de entre 2 e 7 anos; e buxainas, para nenos maiores de 7. Cada unha das categorías competirá por un premio do xurado, dotado con 500€  e un premio do público de 200€.

A inscrición é gratuíta a través da plataforma Festhome ou no correo electrónico programacion@cinemamiudo.gal. Poderá inscribirse calquera filme producido no ano 2020 ou posterior, destinado ao público preescolar, infantil ou xuvenil e sen límite de traballos por creador. No caso de pezas rodadas nun idioma distinto ao galego ou castelán deberán estar subtituladas. En canto á duración das curtas, deberá non superar os 10 minutos na categoría axóuxeres e ser menor de 25 na categoría buxaina.

A selección das películas farase tendo en conta os valores tanto estéticos como educativos da peza e só serán seleccionadas aquelas que  que respecten a igualdade, diversidade e a non discriminación.

Nova xestión: Abella

Cinema Miúdo encara a súa quinta edición cunha nova dirección, a produtora cultural galega  Abella, un equipo que xa traballou na programación e a comunicación de anteriores edicións e que agora asumen a xestión integral do evento, no que aplicarán a experiencia adquirida á fronte doutros certames, como o Galician Freaky Film Festival ou o Primavera do Cine. A vontade de Abella é dar pulo á chegada de traballos que traten aos nenos como futuros adultos, con pezas de fonda carga humana e ética, sen esquecer a parte lúdica e estética da mensaxe audiovisual.

Cinema Miúdo

Cinema Miúdo é un festival de cine infantil, que nace no concello de Ames en 2018. O festival quere proporcionar ao público miúdo galego a oportunidade de desfrutar de filmes inéditos, orixinais, sorprendentes e de descubrir olladas doutras partes do mundo. Deste xeito propíciase que a rapazada descubra o gusto polo cinema e fórmase un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual.

Nas anteriores edicións de Cinema Crianza, o público gozou de sesións con filmes de Galicia, Francia, Corea, India, Afganistán, Marrocos ou Estados Unidos ademáis de sesións específicas para escolares, mesas redondas para educadores, obradoiros, e sesións musicais.

12.08.2021